Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses

Ten dispoñibles para consulta 412 novas da área temática Comunicación :

18/04/18 | 16:03  | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta eloxia o gran mérito dos medios de comunicación para crear comunidade e elaborar lugares virtuais de encontro

Recorda que os medios galegos forman parte desa Galicia que define o seu camiño sendo fiel a si mesma e mantendo sempre ese vencello profundo entre os galegos

Salienta que o valor do bo periodismo, “e da boa política”, consiste precisamente en informar e actuar, en cumprir coa súa misión, arriscándose a equivocarse e estando dispostos a rectificar

Destaca o equilibrio, a obxectividade e a moderación que caracterizan o premiado Manuel Campo Vidal, moderador de tantos debates presidenciais que están xa na nosa historia recente da democracia española
 

escoitar
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en núcleos de menos de 150 habitantes

15/01/18 | 11:20  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en núcleos de menos de 150 habitantes

Os operadores de telecomunicación poderán presentar os seus proxectos no prazo dun mes

É terceira liña de actuación do Plan de Banda Larga de Galicia e conta cun orzamento de 14,2 millóns de euros

Esta actuación complementa ás convocatorias que ten en marcha o Estado cun orzamento adxudicado de 21 millón de euros
 

escoitar
Francisco Conde intervén no Foro 'Inventa a túa comunicación'

31/03/17 | 13:14  | C. de Economía, Emprego e Industria

Francisco Conde intervén no Foro 'Inventa a túa comunicación'

escoitar
Rey Varela clausura a gala Exxpopress na que se premiou o labor de profesionais da comunicación, das ciencias e do ámbito empresarial

04/02/17 | 22:15  | C. de Política Social

Rey Varela clausura a gala Exxpopress na que se premiou o labor de profesionais da comunicación, das ciencias e do ámbito empresarial

Os premios foron outorgados polo club homónimo formado por xornalistas de radio, televisión, medios dixitais e prensa de Galicia

escoitar
Feijóo destaca a importancia do labor xornalístico para transmitir a realidade, explicala e axudar a interpretala

24/01/17 | 16:23  | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia do labor xornalístico para transmitir a realidade, explicala e axudar a interpretala

Sobre o premiado Fernando Salgado asegura que todo recoñecemento é merecido para un comunicador “sen o que non se podería entender a Galicia autonómica”

escoitar

24/04/16 | 12:18  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta suma xa máis de 890.000 seguidores en redes sociais

A Administración autonómica ten presenza na rede a través de 238 portais e 266 canles sociais, que se estruturan en torno a xunta.gal

Avanza na prestación de servizos en mobilidade con 22 aplicacións que acumulan máis de 320.000 descargas

Impulsa a reutilización de información do sector público a través do portal Aber@s, que ofrece máis de 320 conxuntos de datos en formatos abertos

escoitar
Feijóo ensalza o labor do “bo periodismo”, que contribúe a saber o que somos e a saber de onde vimos

08/03/16 | 16:58  | A Presidencia da Xunta

Feijóo ensalza o labor do “bo periodismo”, que contribúe a saber o que somos e a saber de onde vimos

Afirma que estes premios son “unha resposta diaria aos que temen que no novo mundo no que habitamos, o periodismo deixe de ter cabida”

No tocante ao premiado, Cristino Álvarez, resalta que o que perdeu a crónica parlamentaria, gañouno a gastronómica; e lembra que Cristino foi, por riba, un periodista “constituínte”
 

escoitar

01/03/16 | 18:05  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Preto de 50 portais da Xunta de Galicia empregan xa o domino “.gal”

Continúa o proceso de consolidación de “.gal” como dominio de referencia da Administración autonómica na Rede

En 2017 todos os portais institucionais e os correos corporativos empregarán o “.gal”

Esta medida, regulada por un Decreto aprobado en 2015, resposta á implicación da Xunta na consecución do dominio galego en internet
 

escoitar
Feijóo destaca o estilo perenne de Fernando Ónega, a quen considera un dos máximos representantes do novo xornalismo

23/01/16 | 16:13  | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Medios

Feijóo destaca o estilo perenne de Fernando Ónega, a quen considera un dos máximos representantes do novo xornalismo

Afirma que o que permite que un determinado estilo sexa sempre novo son dúas características que están moi acusadas en Fernando Ónega e son unha distancia que non é desdén, senón respecto, e unha certa tenrura

Asegura que Ónega practica un periodismo que, sendo incisivo, non necesita ferir; que, recollendo unha actualidade que o tópico chama palpitante, non ten que provocar hipertensión

Cita a Francisco Umbral cando nunha ocasión afirmou que “detrás da transición española está a pluma de Fernando Ónega”, unha pluma que, como sinala, sendo ás veces visible e outras invisible, facía xornalisticamente normal o que nas rúas xa era normal, e que logrou que as palabras fosen apertas

Destaca que o Premio Diego Bernal deste ano acredita que Fernando Ónega segue a tradición de tantos outros periodistas que galeguizaron España, levando ao epicentro do poder unha sabedoría aprendida en lugares como Mosteiro

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: