08/02/22 | 14:27 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal coas axudas para infraestruturas de uso público
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Xosé Emilio Barros, supervisa a reforma do soto do consistorio de Mondariz para a súa conversión na instalación e vestiario do persoal do SAF, na que o Goberno galego investiu case 34.000 €
O representante autonómico e a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, coñecen o novo parque infantil da zona do Calvario, concebido como un espazo natural con zonas de xogo de madeira e área de deportes que contou cunha achega da Xunta de preto de 35.000 €
Luis López informa que a Dirección Xeral de Administración Local ten aberto o prazo de solicitude desta orde de axudas, para concellos de menos de 30.000 habitantes, ata o vindeiro 11 de febreiro e na mesma inclúense alumeados, camiños, parques e sedes municipais e deportivas