16/02/22 | 12:38 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez reúnese co novo embaixador de España na Unesco para avanzar na candidatura da Ribeira Sacra
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes para seguir traballando no futuro deste territorio
O representante da Xunta gabou o labor feito por Juan Andrés Perelló, anterior embaixador, e agradeceu que se manteña a colaboración co actual representante
José Manuel Rodríguez Uribes, pola súa banda, mostrouse comprometido a avanzar xunto coa Xunta e o Ministerio de Cultura para garantir o éxito deste expediente
A xuntanza forma parte da actuación do Goberno galego para revisar o traballo feito e impulsar a candidatura co máximo rigor e calidade
A Administración autonómica abriu xa unha nova fase da candidatura incorporando novos perfís ao equipo técnico e retomando o diálogo co Icomos