29/11/22 | 14:17 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez refírese ao “gran avance” que supón a posta en marcha das pistas multideporte nos colexios para crear espazos educativos máis saudables
A de Vilanova de Arousa é unha das 32 infraestruturas deste tipo que o Goberno autonómico habilita este ano en Galicia por 2M€ co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Promoven que os escolares realicen distintas disciplinas deportivas en horario escolar e que estas pistas poidan ser empregadas polo resto da cidadanía o resto do tempo
Súmanse a outras medidas como o incremento de clases de Educación Física en Bacharelato impulsada polo Goberno autonómico neste curso
“Creamos espazos máis innovadores e participativos e promovemos unha obra pública máis sustentable coa complicidade dos concellos”, expresa Román Rodríguez