20/10/20 | 12:09 | C. de Facenda e Administración Pública O conselleiro de Facenda e Administración Pública anuncia que a Xunta presentará os orzamentos para 2021 antes do mes de decembro
Valeriano Martínez compareceu no Parlamento galego para expoñer as liñas xerais de funcionamento do seu departamento
O titular de Facenda anunciou que a Xunta aprobará a Oferta de Emprego Público de 2020 para o ámbito da función pública que ascende a 2.741 prazas
Subliñou que Galicia será das primeiras comunidades en contar cunha regulación do teletraballo adaptada ao novo marco normativo
Sinalou a importancia de avanzar na dixitalización e simplificación administrativa
Anunciou que o Executivo autonómico aprobará o Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 para contar cun sistema de planificación estratéxica para a vindeira década