19/12/22 | 13:23 | Consellería de Economía, Industria e Innovación A Xunta reclama a participación das comunidades autónomas na futura Lei de Industria
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que asistiu hoxe en Madrid á Conferencia Sectorial de Industria e Peme, apunta que a normativa estatal, que chega tarde, recupera agora figuras para a axilización administrativa dos proxectos que xa se están a impulsar en Galicia
Advirte que as empresas están precisando unha actuación inmediata por parte do Goberno no que respecta aos fondos europeos, que tamén foron deseñados á marxe das administracións autonómicas
Lembra que proxectos como os de Stellantis, Altri ou Showa Denko non están obtendo resposta, e hai Pertes como o do naval, o da descarbonización ou o agroalimentario que están sen convocar