29/12/22 | 15:14 | Consellería de Economía, Industria e Innovación; A Presidencia da Xunta A fábrica de fibras téxtiles impulsada por Altri en Palas de Rei, declarada como proxecto industrial estratéxico para Galicia
Rueda sinala que se trata dunha iniciativa “única en toda Europa” que integra as plantas e polpa e lyocell e insta ao Goberno a aclarar se vai acceder a fondos europeos
Resalta que o mercado das fibras celulósicas sustentable ten un alto potencial de crecemento porque “son máis ecolóxicas que as fibras artificiais” e teñen cada vez máis demanda no sector
Cun investimento superior aos 800 millóns de euros, a iniciativa prevé producir ata 200.000 toneladas anuais de lyocell
O acordo enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, potenciando a captación de investimentos e a xeración de emprego de calidade, á vez que se manteñen todas as garantías xurídicas, técnicas e ambientais durante a tramitación
Trátase da cuarta iniciativa declarada proxecto industrial estratéxico, tras a planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables, a de pneumáticos de Sentury Tire (ambas as dúas no concello das Pontes) e a planta de metanol verde de Forestal del Atlántico en Mugardos