Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia destina máis de 300.000 euros en 2023 a distintas accións para impulsar o consumo e o valor do mexillón
O Consello da Xunta aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para promocionar este molusco
Xunta e Pymar colaboran para posicionar a candidatura galega no reparto dos fondos europeos ao Perte Naval
Conde explica que o que se fai é activar unha xanela única que permitirá a comunicación directa coas empresas á hora de xestionar as iniciativas que se vaian presentando desde Galicia para optar a estas axudas
Rosa Quintana enxalza o labor da Confraría da Illa de Arousa na mellora da comercialización do marisco
As obras de illamento da lonxa do Xufre foron realizadas pola OPP-20 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización que conta co apoio financeiro da Administración autonómica
A Xunta destaca a xornada de Pesca España como exemplo de altofalante da frota contra o veto á pesca de fondo
Rosa Quintana fixo fincapé na aposta de Galicia pola vía xudicial para frear esta prohibición e lembrou que o Executivo galego facilitou ao Goberno central e ao sector pesqueiro argumentos xurídicos e técnicos para reforzar os recursos que presentaron contra esta medida ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A Policía Autonómica comisa 63,5 quilos de centola en Marín
No marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete por axentes da UPA da sede de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia
A Xunta e o cerco galego constatan a necesidade de que España adopte medidas para garantir a viabilidade do sector ante o recorte do xurelo no cantábrico
O Executivo galego e a frota piden que o Estado estude actuacións como unha posible parada biolóxica para as frotas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco e a habilitación das correspondentes axudas para que a súa actividade sexa rendible
Os presidentes das tres federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia revalidan os seus cargos
Hoxe foron proclamados definitivamente os órganos de goberno destas entidades, con Daniel Formoso á fronte da federación da Coruña, Basilio Otero da de Lugo e José Manuel Rosas da de Pontevedra
Galicia contribúe á mellora da fabricación de materiais compostos de utilidade no sector marítimo-pesqueiro a través da formación dixital
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participa no proxecto europeo Ditmep, que pretende xerar novas capacidades dixitais sobre as metodoloxías, tanto para formadores como para alumnos
A Policía Autonómica comisa 90 quilos de polbo e dous de centolas na cidade da Coruña
No marco dun dispositivo de control do furtivismo desenvolvido por axentes da UPA en colaboración cos vixilantes da confraría de pescadoras na zona do Portiño