29/12/22 | 16:55 Galicia destina máis de 300.000 euros en 2023 a distintas accións para impulsar o consumo e o valor do mexillón
O Consello da Xunta aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para promocionar este molusco
O acordo, polo que cada parte aporta 160.000 euros, inclúe distintas accións que se desenvolverán ao longo do próximo ano para difundir a calidade deste produto e os beneficios do seu consumo entre a cidadanía
Os prezos deste recurso teñen marxe de mellora malia que o ano pasado marcaron a mellor cotización media da serie histórica ao acadar os 0,55 euros o quilo