11/11/22 | 12:34 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Galicia realizou na última década máis dun cento de exercicios de loita contra a contaminación mariña para testar os seus medios e optimizar a coordinación
O exercicio permitiu testar a capacidade de resposta dos medios galegos ante o risco de contaminación pola suposta colisión dun buque quimiqueiro cun pesqueiro
A conselleira do Mar salienta que estas actuacións contribúen a que tanto os medios humanos como técnicos estean preparados para intervir nun episodio real e que a resposta sexa áxil e eficiente na protección da costa e do medio mariño
Rosa Quintana salienta que, malia que o risco cero non existe, Galicia está mellor preparada ca nunca para facer fronte a calquera episodio de contaminación mariña pois é a única comunidade con servizo de gardacostas propio e nos últimos exercicios reforzou os seus medios e equipamentos neste eido
O vicepresidente segundo da Xunta puxo en valor a importancia da prevención como a mellor ferramenta ante as emerxencias e a necesidade de exercicios coma este para ensaiar a mobilización e a coordinación dos medios participantes
Diego Calvo destacou a revisión levada a cabo dos plans de protección civil autonómicos e a aprobación do novo decreto de Plans de Autoprotección de Galicia