14/12/22 | 13:28 | C. do Medio Rural A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros
José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais
Puxo en valor que entre o ano 2020 e o que vai de 2022, a Xunta rematou un total de 24 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 17.400 hectáreas, beneficiando preto de 11.300 propietarios
Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, só no primeiro ano de vixencia, se están mobilizando máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia