23/12/22 | 14:14 A Xunta aproba o Plan urbanístico de Silleda, condicionado ao cumprimento dunha serie de requisitos técnicos
Ángeles Vázquez subliña que se converte no concello número 114 en contar cun PXOM adaptado á normativa vixente
O documento fixa as previsións que marcarán a evolución do municipio nos próximos 16 anos e que permitirán o seu desenvolvemento dun xeito serio e ordenado
O Goberno galego reserva máis de 3,2 M€ o vindeiro ano para axudas aos concellos para a redacción dos seus planeamentos urbanísticos