31/10/22 | 14:04 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta e a Universidade de Santiago impulsan a colaboración no eido da medicina legal e forense a través do instituto ‘Luís Concheiro’
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da USC, Antonio López, ratificaron o acordo que establece as liñas conxuntas de acción neste eido
O Goberno galego cofinancia con 200.000 euros o funcionamento do centro universitario como apoio ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) na realización de probas de toxicoloxía e xenética
A cooperación esténdense ao desenvolvemento de actividades docentes e ao apoio ás facultades para proporcionarlles aos estudantes experiencia no ámbito de actuación de ambos institutos