In memóriam Valeriano Martínez García

Conselleiro de Facenda e Administración Pública

Compartir
  • whatsapp
Valeriano Martínez García

Valeriano Martínez García (Cangas do Morrazo, 1961) dedicou 36 anos ao servizo de Galicia desde diversas responsabilidades dentro da Administración autonómica.

Licenciado en Ciencias económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria, ingresou en 1985 como funcionario do Corpo Superior de Administración Xeral da Consellería de Economía e Facenda.

A partir de entón, coincidindo coa consolidación das institucións do autogoberno ás que destinou a súa traxectoria profesional, exerceu os cargos  de director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e de auditor do Consello de Contas de Galicia.  

En febreiro de 2015 cesou no seu posto como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia para ser nomeado conselleiro de Facenda e ocuparse da xestión das contas do autogoberno, a suficiencia financeira e a viabilidade dos servizos públicos.

Coa perda dun dos seus, Galicia despide a un home entregado ao seu desenvolvemento e prosperidade desde o compromiso superlativo co público.  

Un servidor tan capaz como admirado e respectado.

Un “bo e xeneroso” a quen o pobo galego quere honrar nesta hora triste do adeus.

A Xunta de Galicia habilita este espazo para que a cidadanía galega poida enviar as súas mensaxes de condolencia en recordo do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García, e que posteriormente lle serán trasladadas á súa familia.

Os datos de carácter persoal recollidos neste formulario serán tratados, na súa condición de responsable, pola Presidencia - Xunta de Galicia, coa finalidade de recoller as mensaxes de condolencia achegadas pola cidadanía. A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no consentimento da persoa interesada. Informámolo/a de que se prevé a comunicación á familia do falecido dos datos achegados neste formulario. Como persoa interesada poderá acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Dispón de máis información sobre a protección de datos, así como do contacto cos/as delegados/as de protección de datos da Xunta de Galicia en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais