Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1993

Medallas de Ouro 1993

Mario Alberto Nobre Lopes Soares

Lisboa, 1924

Presidente da República de Portugal

Fillo do ministro de Colonias da I República portuguesa e fundador do Colexio Moderno de Lisboa, João Lopes Soares, feito que marcará desde moi novo a súa vocación política, realiza os seus estudos universitarios nas facultades de Letras e Dereito de Lisboa.

Durante o seu exilio francés foi docente nas universidades de Vincennes, Rennes e A Sorbona.

Desde 1957 exerce como avogado e consegue unha grande proxección internacional como representante da familia do Xeneral Humberto Delgado, candidato á Presidencia da República asasinado en España pola policía política do ditador Salazar. Como consecuencia da súa actividade é encarcerado 13 veces, deportado sen xuízo, en 1968, á illa de São Tomé, e obrigado a exiliarse en 1970.

Mário Soares é unha figura clave para comprender a historia recente de Portugal. En 1973, en Alemaña, funda o Partido Socialista Portugués. Vicepresidente da Internacional Socialista, entre 1974 e 1986, é varias veces ministro nos primeiros gobernos tras a Revolución dos Caraveis. Tres veces primeiro ministro e dúas veces presidente da República portuguesa, é o impulsor da adhesión á CEE.

Mario Soares participou en numerosas comisións de organismos internacionais e actualmente segue en activo, a través da Presidencia da Fundación que leva o seu nome.

Autor de 13 libros sobre historia de Portugal e teoría xurídica e política, Mario Soares foi recoñecido, ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, co Premio Europeo Robert Schumann, co Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional e cos doutoramentos honoris causa de 36 universidades de todo o mundo, entre outras distincións.

Medallas de Prata 1993

Joaquín Veríssimo Serrao
José Ignacio Bugarín Pereira
Marqués René de las Coste Messelliere
Juan Ignacio Pardo Suárez (Juan Pardo)
Ánxeles Alvariño González
Luis Braga da Cruz
Rafael Vera Fernández-Huidobro
Cesáreo Gil Atrio
Francisco García Díez

Medallas de Bronce 1993

Daría Vilariño Pintos
José Luis Sánchez-Agostino López
José Carlos Valle Pérez
José Pumar Vázquez
José Antonio Rivera Casal
César Gallego Pita
Valentín Leiro Paz
José Piñeiro Ares
Manuel Fantáns Baloira
Carlos Folgueira García
Grupo Mareusa de Barcelona
Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres
Cociña Económica de Santiago

Discursos