Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2022

Medallas de Ouro 2022

2022

Julián Barrio Barrio

Julián Barrio Barrio, arzobispo da Arquidiocese de Santiago de Compostela, recibe a Medalla de Galicia pola súa contribución ao coñecemento e impulso da peregrinación á Catedral de Santiago.

Nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora) en 1946, foi reitor do Seminario Maior de Astorga, profesor de Historia Eclesiástica e Historia de España e é o arzobispo de Compostela desde 1996.

2022

Paolo Caucci von Saucken

Perugia Paolo Caucci von Saucken, profesor da Universidad de Perugia, é un dos estudosos sobre a ruta xacobea máis recoñecidos a nivel mundial e que foi, durante case vinte anos, presidente do Comité de Expertos del Camino de Santiago.

Nado na localidade italiana de Ascoli Piceno, en 1941, é autor de numerosos ensaios e libros sobre as peregrinacións e a ruta xacobea.

2022

Begoña Valdomar Insua

Begoña Valdomar Insua, en nome dos hospitaleiros e hospitaleiras do Camiño de Santiago.

Begoña Valdomar Insua é peregrina e hospitaleira do albergue municipal de peregrinos de Fisterra.

Nada nesta localidade coruñesa, ademais de estar ao fronte do centro de acollida a peregrinos de Fisterra é a responsable de Hospitalidade na Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

2022

Asociación Discamino

A Asociación Discamino exerce o seu labor diario para facilitar que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Compostela e desfrutar da experiencia da ruta xacobea.

Creada en 2009, esta entidade xurde co obxectivo de dar apoio a aquelas persoas con diversidade funcional que queiran realizar o Camiño de Santiago.

2022

José Carro Otero

José Carro Otero, a título póstumo

José Carro Otero foi presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e estivo sempre moi vencellado ao Camiño de Santiago.

Foi o primeiro comisario do Xacobeo no 1993 e era un experto de referencia sobre a Catedral de Santiago. 

Discursos