A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.
Cómprelles ás sociedades que teñen conciencia do seu ser e da súa presenza histórica, recoñecer e honrar as persoas e institucións que lles prestasen relevantes e meritorios servizos dignos de agradecemento público.