Gómez Caamaño asiste ao Encontro de Verán da Asociación de Médicos coincidindo co seu 30 aniversario
A directora de Planificación e Reforma Sanitaria, que interveu no acto, destacou o obxectivo común da asociación e da Consellería de prestar unha asistencia sanitaria de calidade e personalizada
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asistiu hoxe no pazo de Xerlís á comida organizada no marco do Encontro de Verán da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) que este ano cumpre o seu 30 aniversario.
Previamente, a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, participou no encontro previo, onde subliñou o papel da asociación na formación dos seus socios e no contacto coas universidades galegas.
López Linares salientou o obxectivo común da asociación e da Consellería de prestar unha asistencia sanitaria de calidade e personalizada.
“Ser médico -e eu tamén o son-, vai máis alá de previr, diagnosticar e tratar enfermidades. É un compromiso e, sobre todo, unha vocación de prestación de servizo público”, sinalou a directora xeral.