Alfonso Villares pon en valor a historia cultural e gastronómica de Burela
Burela (Lugo), 3 de agosto de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á nova edición da Feira do Bonito de Burela co obxectivo de reivindicar a historia cultural e gastronómica da vila mariñeira. Esta celebración ten a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional desde 2019, concedida polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Nesta liña, o responsable autonómico destacou o emblema e identidade que representa esta festividade para potenciar o desenvolvemento económico de Galicia e abrir novos mercados a nivel nacional e europeo.
A chaira do porto da vila lucense acollerá durante toda a fin de semana á multitude de persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia e doutros lugares de España que se achegan ao concello para degustar o produto estrela da festa: o bonito en distintas preparacións. A festividade está organizada desde os seus inicios pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, coa colaboración do Concello de Burela, e integra distintas actividades de ocio tales como arte, deporte e música.