Javier Arias destaca o impulso da Xunta á artesanía de Galicia na visita á feira ‘Artelemos’
2024-08-08
/documents/35297/1427840/080824+Visita+ArteLemos+1.jfif?version=1.0&imagePreview=1
Monforte de Lemos (Lugo), 8 de agosto de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá Artelemos, a feira de artesanía que se celebra ata o vindeiro sábado na rúa Cardenal de Monforte de Lemos.
Arias destacou o esforzo da Xunta para impulsar a artesanía galega, cun programa de axudas específico para que os obradoiros artesanais asistan a feiras tanto profesionais como de venda directa e de Nadal dentro e fóra de Galicia, ou para eventos como Artelemos. O delegado lembrou que esta cita recibiu apoios do Goberno galego nas dúas últimas edicións, e a convocatoria deste ano está actualmente en tramitación.
Data de actualización: 08/08/2024