A Xunta patrocina un concerto de Luar na Lubre en Lourenzá o día 30, no marco dos actos da ‘Lenda do Conde’
2024-08-09
/documents/35297/1427843/090824+Presentaci%C3%B3n+Lenda+do+Conde.jfif?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 9 de agosto de 2024
A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerá Luar na Lubre o vindeiro 30 de agosto en Lourenzá no marco da celebración da “Lenda do Conde”, que organiza a Asociación Conde Santo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que este ano conmemorará ademais o 50 aniversario da declaración do mosteiro de Vilanova de Lourenzá como conxunto histórico artístico.
O concerto comezará ás 12 da noite no claustro do mosteiro. Antes haberá unha cea e proxectarase un audiovisual sobre a Lenda do Conde, a partir das 21.30 horas. Os organizadores animan a acudir con traxe de época.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 09/08/2024