A Consellería do Medio Rural reitera o seu compromiso co sector primario nunha xuntanza coa asociación de gandeiros Alto do Seixo

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 14 de agosto de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo un encontro coa asociación de gandeiros Alto do Seixo para avaliar a posibilidade de melloras nas infraestruturas de pasteiros, que permiten a produción extensiva e, á súa vez, promoven a xestión do territorio, o asentamento da poboación e a prevención de incendios forestais.

Balseiros destacou a importancia de manter o equilibrio e a estabilidade no sector gandeiro e a calidade da carne galega, ademais de sinalar o compromiso da Consellería en fomentar a remuda xeracional neste eido. A maiores, cómpre recordar que a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tamén se reuniu este luns con gandeiros do concello coruñés de Mazaricos, onde salientou o papel dos produtores na cadea de valor e a necesidade de colaboración entre todos os axentes da mesma.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/08/2024