A Xunta apoia un ano máis a Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebra este sábado

Taboada (Lugo), 5 de setembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da Queima das Fachas de Castelo, no municipio de Taboada, que se celebra na noite do sábado 7 de setembro.

Arias destacou que o Goberno galego renova un ano máis o seu apoio a esta cita a través das axudas a concellos para potenciar as Festas de Interese Turístico de Galicia. Deste xeito, a Xunta colabora cos gastos de organización, difusión e promoción das actividades.

O delegado resaltou a singularidade e espectacularidade da Queima das Fachas e puxo en valor o traballo da asociación cultural As Fachas e dos veciños e veciñas de Castelo para garantir que esta tradición perdure no tempo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2024