A Xunta licitará este outono a mellora das instalacións no colexio Sestelo-Baión cun investimento de 700.000 €
A Consellería de Educación reformulou a proposta inicialmente prevista para este centro que non se puido levar a cabo por dificultades técnicas do terreo
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
A Xunta de Galicia está ultimando o proxecto para a mellora das instalacións deportivas do Colexio CEIP Sestelo-Baión en Vilanova de Arousa co fin de que este centro conte canto antes cos espazos renovados para a práctica deportiva.
Nestes momentos os técnicos do departamento de obras da Consellería están supervisando o proxecto, logo de meses de traballo, coa previsión de licitar as obras este outono, cun investimento estimado de máis de 700.000 euros. Esta actuación, que foi consensuada coa comunidade educativa, consistirá en ampliar o edificio existente cun novo patio cuberto que se poderá usar para a práctica deportiva.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional reformula así a ideal inicial que non se puido levar a cabo debido a dificultades técnicas do terreo, polo que se tiveron que buscar novas alternativas para dar resposta ás demandas da comunidade educativa e dos alumnos.