O Servizo de Gardacostas comisa 820 cacharros de polbo e máis de 40 quilos deste cefalópodo nun control contra o furtivismo no Baixo Miño
Santiago de Compostela, 09 de outubro de 2017
  • whatsapp

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron nos últimos días 820 cacharros de polbo, máis de 40 quilos deste cefalópodo e tres palangres con 380 anzois. Foi nun operativo contra o furtivismo realizado nas zonas da Guarda e Mougás, no Baixo Miño.

Na actuación que foi realizada por mar, os gardacostas procederon a incautar os aparellos e as especies que contiñan xa que estaban mal balizados, algúns deles largados en zona non autorizada e, ademais, o emprego dos cacharros de polbo está prohibido na nosa comunidade. Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 09/10/2017