Centros escolares sen clase este luns 16 de outubro por mor dos incendios forestais
Luns, 16 de outubro de 2017
  • whatsapp

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades).

Concello de Baiona

  • IES Primeiro de Marzo
  • CPI de Cova Terreña
  • CEIP Fontes Baíña
  • CEP de Belesar

Concello de Vigo

  • CEIP de Sobreira-Valadares
  • IES Valadares

Concello de Pazos de Borbén

  • CPI Curros Enríquez

Concello das Neves

  • CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
  • IES Pazo da Mercé

Concello de Gondomar

  • CEIP Serra-Vincios
Data de actualización: 16/10/2017