A Rede CeMIT participa nun encontro de Dinamizadores das Redes de Telecentros a nivel nacional

As aulas CeMIT dos concellos de Cerceda, Cuntis, Fisterra, Oroso, Ortigueira e Santa Comba representarán a Galicia na xornada

Está organizado pola Asociación Comunidad de Redes de Telecentros de España e celébrase en Alcobendas (Madrid) os días 8 e 9 de novembro
 

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017
  • whatsapp

O dinamizadores das aulas CeMIT dos concellos de Cerceda, Cuntis, Fisterra, Oroso, Ortigueira e Santa Comba participarán este mércores e xoves, 8 e 9 de novembro, no Encontro de Dinamizadores de Redes de Telecentros “Changemakers: Dinamizadores do cambio”. Estas xornadas están organizadas pola Asociación Comunidade de Redes de Telecentros de España, da que a Rede CeMIT de Galicia é membro.

Xunto con representantes galegos, tamén participarán dinamizadores de redes de telecentros existentes en Andalucía, Cantabria, Castela e León, Canarias, Extremadura, Murcia, Cataluña e Castela A Mancha, sumando un total de 75 participantes e 10 redes distintas.

O formato deste encontro é dun taller participativo, no uso de ferramentas e técnicas de pensamento creativo aplicables ao seu traballo diario coa cidadanía. Contando coa experiencia de cada Rede de Telecentros, o encontro axudaralles a debuxar novas propostas, propoñer novos retos e converter en realidade o rol dos dinamizadores como ‘axentes do cambio’ nas súas localidades.

Afondarase nas boas prácticas impulsadas dende cada unha de las Redes de Telecentros a nivel nacional sobre aspectos como a e-Inclusión, o envellecemento activo, as competencias dixitais, a innovación social, a ciberseguridade, os eServizos, ou o uso seguro e responsable da tecnoloxía en contornas educativos. Oe encontro permitirá analizar de que forma desde estas redes poden seguir ofrecendo iniciativa que resposten ás liñas estratéxicas e desafíos formulados dentro da Axenda Dixital para España 2020 e da Axenda Dixital Europea.

A Asociación Comunidade de Redes de Telecentros

A Asociación Comunidade de Redes de Telecentros (http://comunidaddetelecentros.net/) é unha entidade constituída no ano 2008 co fin de agrupar a institucións, entidades e colectivos que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información en España mediante a promoción do acceso da cidadanía á tecnoloxía.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica https://cemit.xunta.gal/ ), impulsada pola Amtega, está integrada por 98 aulas, presentes en 92 municipios e 53 comarcas. Ou seu obxectivo é promover ou uso dás novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre vos profesionais galegos e mostrar a pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
 

Data de actualización: 07/11/2017