Rosa Quintana destaca a relevancia do papel da muller na industria pesqueira galega
Teo (A Coruña), 11 de novembro de 2017
  • whatsapp

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Teo durante a apertura da asemblea xeral da Federación Galega de Redeiras O Peirao que nos últimos anos en Galicia o papel da muller no mundo do mar gaña relevancia e representatividade. De feito o 84% dos profesionais das redes e o 24% dos membros da xunta xeral da Federación Galega de Confrarías son mulleres.

Alí tamén destacou a capacidade das mulleres para profesionalizarse e agruparse co obxectivo de dar visibilidade ao seu labor diario e incrementar a conciencia social sobre a importancia da súa contribución ao sector. Neste eido puxo como exemplo o labor da federación de redeiras O Peirao, que representa a nove asociacións de redeiras e conta con éxitos de colaboración institucional e de participación en proxectos de formación e capacitación feminina, explicou.


 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 11/11/2017