A Policía Autonómica detén un home en vigo por un delito de violencia de xénero

Actualmente, a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 233 vítimas de violencia de xénero

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017
  • whatsapp

Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron hoxe da detención dun home como presunto autor dun delito de violencia de xénero por incumprimento da orde de afastamento da súa ex-parella.

Os axentes recibiron unha chamada de Emerxencias 112 na que se alertaba da presenza do detido nos arredores do domicilio da vítima, a quen chegou a ameazar á saída da súa vivenda.

Tras a súa chegada, a Policía Autonómica realizou batidas pola zona ata que localizou ao home, que quedou detido nese mesmo instante. De todo o actuado, tramitouse atestado remitido ao Xulgado de violencia de Vigo.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 233 vítimas de violencia de xénero.