A directora de Patrimonio Natural salienta o papel do Océano Surf Museo na divulgación da conservación do medio ambiente

Ana María Díaz participou esta tarde na inauguración da Casa Museo do Surf, no Concello de Valdoviño

Santiago, 1 de decembro de 2017
  • whatsapp

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, participou esta tarde no acto de inauguración da Casa Museo do Surf, no Concello de Valdoviño, onde puxo de relevo o papel que esta entidade asume na divulgación da conservación do medio ambiente.

Ana María Díaz explicou que este deporte que ten gran arraigo nesta comarca e que é compatible coa preservación e conservación dos valores naturais, constituíndo una práctica deportiva sostible e respectuosa co medio ambiente. O surf representa una modalidade deportiva no que o respecto aos valores naturais constitúen a esencia da mesma.

Salientou que a creación deste museo é unha boa iniciativa, sobre todo por estar ubicado nun dos concellos que máis ten apostado polo desenvolvemento do surf, e que alberga, xa hai máis de trinta anos, una competición puntuable para o campeonato do mundo, como é o Pantin Clasic.
 

Data de actualización: 01/12/2017