Conde salienta, ante os empresarios do polígono do Tambre, que a ilusión, o esforzo por competir e o afán por innovar son as claves que fan crecer unha empresa
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
  • whatsapp

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Santiago de Compostela, durante a homenaxe á asociación Área Empresarial do Tambre, que a ilusión, o esforzo por competir e o afán por innovar son as claves que fan crecer unha empresa e asegurou que o reto é conseguir que a industria siga crecendo nesta zona con novos proxectos empresariais e en sectores estratéxicos como o biotecnolóxico e o forestal.

No acto, no que as homenaxeadas foron a estación de ITV do polígono, Cingalsa, a Agencia Gráfica Gallega e a oficina de Abanca, Conde salientou o esforzo da Xunta por facilitar o día a día das empresas a través de medidas como a aprobación da Lei de implantación empresarial que, coa axuda dos Concellos Emprendedores, posibilitará o acceso a vantaxes administrativas e fiscais para que as empresas conten con apoios que lles permitan conquistar novos mercados, innovar nos seus procesos e servizos e formar aos seus profesionais.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/12/2017