Seleccionados os 40 proxectos que pasan á fase de academia da aceleradora de innovación Viagalicia

Dos 202 proxectos que se presentaron a esta quinta edición desta iniciativa, 40 pasan á fase de pre-aceleración: 20 na sede de Lugo e outros 20 na de Vigo

A Xunta participa nesta actuación, que promove o Consorcio Zona Franca de Vigo, dentro da súa estratexia de impulso ao emprendemento innovador, a través da Rede Galega de Aceleradoras, que ten apoiado máis de 500 proxectos nos últimos catro anos

Na seguinte fase elixiranse aos finalistas que participarán no proceso de aceleración e que recibirán o apoio financeiro

Este programa, considerado como un referente a nivel estatal entre as aceleradoras de iniciativa pública, recibiu nas súas cinco edicións 900 ideas de negocio, impulsando máis de 120 proxectos dos que 52 se transformaron en empresas
 

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017
  • whatsapp

Trala celebración os pasados 12 e 14 de decembro do StartupDay, unha xornada na que os emprendedores amosaron as súas habilidades individuais e grupais a través dunha serie de actividades e dinámicas de grupo, e a reunión do comité técnico da aceleradora o pasado martes 19 de decembro, hoxe déronse a coñecer os 40 proxectos seleccionados para pasar á fase de academia ou pre-aceleración da aceleradora de innovación, ViaGalicia.

Durante os vindeiros meses, os impulsores dos proxectos seleccionados recibirán formación e titorización para sacar adiante as súas ideas de negocio. A metodoloxía empregada para validar a proposta de valor e o modelo de negocio dos diferentes proxectos é Lean Startup, un enfoque eminentemente práctico baseado na experimentación. Tras esta fase, celebrarase un Demoday en cada unha das sedes, que permitirá avaliar cales serán os finalistas que participarán no proceso de aceleración e que recibirán apoio financeiro.

ViaGalicia, promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta, está considerada como un referente a nivel estatal entre as aceleradoras de iniciativa pública. Nas súas cinco edicións, recibiu preto de 900 ideas de negocio, impulsou máis de 120 proxectos, dos que 52 se transformaron en empresas xerando máis dun cento de novos empregos.

Este programa forma parte da Rede Galega de Aceleradoras impulsada pola Xunta a través da que se teñen apoiado nos últimos catro anos máis de 500 proxectos.

Os proxectos de emprendemento innovador pertencen a diversos sectores produtivos, destacando: o sector TIC, o agroalimentario, o turismo e ocio ou o aeroespacial, entre outros.

Inclúese a continuación a listaxe de proxectos seleccionados en cada sede.

Proxectos seleccionados para a sede de Vigo:
 
 
Nome
Descrición
Abraia

Servizo na nube de transformación automática de imaxes para a súa visualización optimizada en webs e apps adaptadas a móbiles e tablets.

Alén Space

Alén nace para ser o fabricante de referencia de constelacións de smallsats e provedor de solucións tecnolóxicas para as mesmas.

authShieldUSB

Protexe do BadUSB e do Malware aloxado en dispositivos USB, protexe da fuga de información aos usuarios dos devanditos dispositivos.

BE DESIGNER

BeDesigner nace da necesidade do cliente de atopar unha peza de baño que plasme os seus gustos e cubra as súas necesidades.

Brown Sound Amplification

Sistema aberto e escalable de dispositivos musicais e de amplificación analóxicos, con control inarámico.

COLIBRI

COLIBRI SCOOTERS, S.L., motos con deseño atemporal e tecnoloxía S. XXI.

CYATHEA-LITE

CYATHEA-Lite é un xestor intelixente de enerxía solar. Un dispositivo único para sacar o máximo rendemento a instalacións illadas.

Doozymob

Fan a Internet rendíble para o desenvolvemento de apps e donos de contido.

Experiencia Gastronómica 3D - EXGA3D

Mercado especializado no deseño personalizado de alimentos dirixido á industria da alimentación ofrecendo unha experiencia única.

ERTHA Surfboards

É unha iniciativa que aplica as novas tecnoloxías a un sector ata agora artesanal: a fabricación sustentable de produtos para o surf.

Galician Brew

Elabora cervexa artesanal, cultiva lúpulo e vende produto tamén produto certificado BIO.

Grilier sazonador gourmet para barbacoas

Bloque sazonador gourmet para barbacoas.

Hardware Forense de adquisición en vivo

Permite aos peritos informáticos e forzas de seguridade do estado o acceso a equipos bloqueados para facer unha adquisición dos datos.

INDRESMAT

Desenvolvemento dunha innovadora tecnoloxía de extrusión para a fabricación de tubaxes a partir de poliuretano.

INEX (INmersive EXperience 4 Healthcare)

INEX é un sistema deseñado para pacientes que reciben terapia hospitalaria, mellorando a súa experiencia de usuario.

LIVETONIC

LIVETONIC/COVERMAP é un asesor financeiro en liña especializado na rama de previsión social dirixido a usuarios de 30-50 anos.

MyProt

Deseñar, validar e implementar un sistema de fabricación de embelecedores para próteses externas.

Plataforma impresión 3D Médica 4.0

3DP-HEALTH 4.0 vai dirixida aos médicos, xestores sanitarios, para asesoría 360º en impresión 3D.

Regalamúsica

Servizos e ferramentas para artistas/salas/promotores de música.

XTONEBOX Innovación en Sonido

Creación de marca e fabricación de equipos electrónicos de audio profesionais de alto deseño.

 
 Proxectos seleccionados para a sede de Lugo:
 
Besherpa

Ferramenta que permite ás empresas de turismo activo promover as súas actividades e xestionar o seu negocio.

BISQATO

Obradoiro lácteo artesanal dirixido á hostalaría e tendas especializadas onde pór en valor un produto tan importante como o leite.

Controles de datos utilizando IoT

Deseño, produción e comercialización de produtos e servizos para a monitorización de procesos utilizando tecnoloxías open source.

Ecobodegas

Adegas de viño domésticas activadas mediante intercambiadores xeotérmicos aire-terra 100% autosuficientes e sustentables.

Emérita Legal

Comparador cualitativo de avogados. Permite aos usuarios atopar o mellor avogado para o seu caso, baseado en datos reais de casos gañados.

EXPERIENCIAS DEL DESTINO

Plataforma de produtos turísticos e de lecer, implementados en tempo real, para todo tipo de público. A nivel nacional e internacional.

KASUVA

É unha plataforma B2B que apoia ás pemes de América Latina e España a exportar, importar ou buscar socios comerciais entre elas.

La gran faba

Comercialización da faba de Lourenzá e produtos de quinta gama.

LegalMit

Atopa ao avogado máis axeitado para ti e resolve os teus problemas xurídicos sen esperas nin desprazamentos, integramente en liña. 24h/365d.

LudoApp

A app consiste en motivar aos nenos para a realización das tarefas de casa mediante recompensas mentres se educan no esforzo.

NETFEELING -Engage&manage your customers

NETFEELING é unha innovadora solución SaaS de Fidelización e Xestión de Clientes escalable, e cun innovador Modelo de Comercialización.

n·lockfy, share everything everywhere

Solución de internet das cousas (IoT) para compartir chaves e abrir fechaduras de forma segura, sen necesidade de conexión a Internet.

Orballo, té de Galicia

Produción do primeiro té ecolóxico de Europa, un mercado onde existe oco para un produto local, ecolóxico e de calidade.

oSIGris

oSIGris é un software de agricultura de precisión que aumenta a precisión existente para poder sinalizar todas as unidades agrícolas.

RocketForms

Plataforma para a xeración interactiva de formularios intelixentes que se poden integrar facilmente en calquera web ou aplicación.

SCS Logistics

Desenvolvemento e Renting B2B de embalaxe industrial reutilizable para optimizar de maneira flexible as necesidades de procesos loxísticos.

Tidyant cloud utilitis

Cloud Computing SaaS, de xestión venda-postventa, para empresas con SAT. Busca a excelencia no servizo.

Tractus

Servizo de xestión informatizada en liña, para produtores e transformadores do sector agroalimentario.

TROCANDO

TROCANDO é unha plataforma que facilita a permuta de parcelas entre particulares e/ou empresas.

URBAN DIGITAL BOX

Urban Dixital Box ofrece solucións únicas baseadas en GIS, Big Data e Data Science enfocadas á mobilidade urbana e a cidades intelixentes.


 

Data de actualización: 22/12/2017