A Xunta mostra o seu pesar polo falecemento de Avelina Mouzo Leis, a muller máis lonxeva de Galicia con 113 anos de idade
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, quere transmitir o seu pesar e o da Xunta de Galicia á familia e achegados de Avelina Mouzo Leis, que faleceu na xornada de onte aos 113 anos de idade na súa casa da Ponte do Porto, no municipio coruñés de Camariñas.

O conselleiro salienta o feito de que Avelina Mouza, considerada a muller máis lonxeva de Galicia, mantivera ata unha idade moi avanzada un elevado grao de autonomía e mobilidade, ao tempo que puxo en valor unha vida chea de traballo, esforzo e cariño para conseguir o benestar dos seus.
 

Departamento: C. de Política Social
Data de actualización: 29/12/2017