Máis de 1.000 empresas de 51 polígonos industriais xa teñen acceso a Internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta

A conexión a redes ultrarrápidas posibilítalles o acceso a servizos e solucións que facilitan a súa transformación dixital

En 2018 conectaranse outros 30 recintos empresariais, grazas a esta actuación da Amtega e do operador R

Ao remate do Plan un total de 130 polígonos, que concentran máis do 90% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps

Ademais, o Plan subvencionou con preto de 400.000 euros o acceso a internet de alta velocidade a máis de 30 empresas e autónomos de zonas illadas do rural

Santiago, 1 de xaneiro de 2018
  • whatsapp

O Plan de Banda Larga da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pechou 2017 con 51 polígonos con acceso a internet de redes ultrarrápidas. Máis de 1.000 empresas instaladas nestes recintos empresariais poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Esta actuación do Plan, cuxo adxudicatario é o operador R, completarase en 2018 achegando o acceso a estas redes ultrarrápidas a outros 30 recintos empresariais. Deste xeito, no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. O resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan.

350Mbps e servizos R de valor engadido

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.

E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R

Orzamento

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Axudas a empresas illadas

Outra das liñas do Plan de Banda Larga foi a convocatoria de axudas para empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural, da que, tralo remate do período de xustificacións se beneficiaron un total de máis de 30 entidades. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) investiu finalmente preto de 400.000 euros. As subvencións solicitadas polas empresas beneficiarias comprenden entre o 70% e o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga de ata 350 Mpbs ás empresas.

As empresas beneficiadas abranguen diferentes sectores produtivos: alimentación, agricultura, hostalaría, asesoría, xestión de residuos, inmobiliario ou enerxético, entre outros.

Os importes das axudas solicitadas polos beneficiarios van dende os 2.000 euros ata os 20.000 euros e os servizos de banda larga ultrarrápida que se proveerán permitirán velocidades de acceso a internet dende os 50Mbps ata os 350Mbps.

A mellora da velocidade de acceso a internet nas empresas beneficiarias, con respecto aos servizos actuais dos que dispoñen, superará os 80Mbps en case o 90% dos casos chegando incluso a acadar máis dos 300Mbps nalgunha das empresas beneficiarias das axudas.

Estas liña de axudas cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e é a segunda das actuacións do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

Plan de Banda Larga de Galicia 2020

O Plan de Banda Larga de Galicia 2020, aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

Listado de Polígonos xa cubertos en 2017

Provincia
Municipio
Polígono
 
 
CORUÑA
ARZUA
PARQUE EMPRESARIAL ARZÚA
 
CORUÑA
BETANZOS
PARQUE EMPRESARIAL A PIADELA
 
CORUÑA
COIROS
PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS
 
CORUÑA
CULLEREDO
CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSPORTE
 
CORUÑA
LARACHA (A)
PLAN DE SECTORIZACIÓN CERÁMICAS CAMPO
 
CORUÑA
MALPICA DE BERGANTIÑOS
PARQUE EMPRESARIAL DE MALPICA
 
CORUÑA
MELIDE
PARQUE EMPRESARIAL DE A MADANELA
 
CORUÑA
NARON
POLÍGONO INDUSTRIAL AS LAGOAS
 
CORUÑA
NOIA
POLÍGONO INDUSTRIAL AGUALEVADA
 
CORUÑA
ORDES
PARQUE EMPRESARIAL DE ORDES
 
CORUÑA
OROSO
PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO E OROSO PEQUEÑO
 
CORUÑA
PADRON
POLÍGONO INDUSTRIAL DE PICUSA
 
CORUÑA
PADRON
PARQUE EMPRESARIAL DE A PICARAÑA
 
CORUÑA
POBRA DO CARAMIÑAL (A)
POLÍGONO INDUSTRIAL A TOMADA
 
CORUÑA
PONTECESO
PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESO
 
CORUÑA
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS
PARQUE EMPRESARIAL DE PENAPURREIRA
 
CORUÑA
RIANXO
PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO
 
CORUÑA
SADA
POLÍGONO INDUSTRIAL ARCO IRIS
 
CORUÑA
SANTA COMBA
PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA
 
CORUÑA
VIMIANZO
PARQUE EMPRESARIAL DE VIMIANZO
 
LUGO
BEGONTE
ÁREA INDUSTRIAL DE CARRAL
 
LUGO
LOURENZA
PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ
 
LUGO
MONDOÑEDO
PARQUE EMPRESARIAL DE MONDOÑEDO
 
LUGO
OUTEIRO DE REI
PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI
 
LUGO
RIBADEO
POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADEO
 
OURENSE
ALLARIZ
PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE
 
OURENSE
ALLARIZ

PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE (POLÍGONO INDUSTRIAL DE ROIRIZ)

 
OURENSE
BARCO DE VALDEORRAS (O)
PARQUE EMPRESARIAL DE O BARCO DE VALDEORRAS
 
OURENSE
CARBALLEDA DE VALDEORRAS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A MÉDUA
 
OURENSE
CELANOVA
PARQUE EMPRESARIAL DE CELANOVA
 
OURENSE
RIBADAVIA
PARQUE EMPRESARIAL DE RIBADAVIA
 
OURENSE
VERIN
Parque Empresarial de Verín – Pazos
 
PONTEVEDRA
BUEU
PARQUE EMPRESARIAL BUEU - CASTIÑEIRAS
 
PONTEVEDRA
CALDAS DE REIS
POLIGONO INDUSTRIAL ARCOS DA CONDESA
 
PONTEVEDRA
CALDAS DE REIS
ZONA INDUSTRIAL DE AS VEIGAS DE ALMORZAR
 
PONTEVEDRA
CALDAS DE REIS
AREA EMPRESARIAL DE FORBESA
 
PONTEVEDRA
CAMBADOS
P.I. O SALNES
 
PONTEVEDRA
ESTRADA (A)
PARQUE EMPRESARIAL DE A ESTRADA - TOEDO
 
PONTEVEDRA
GROVE (O)
POLÍGONO DE PORTO MELOXO
 
PONTEVEDRA
MEIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AS COVAS
 
PONTEVEDRA
MEIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE VILANOVIÑA
 
PONTEVEDRA
PONTE CALDELAS

PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA E CENTRAL DE TRANSPORTES E PONTE CALDELAS

 
PONTEVEDRA
PONTEAREAS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A LOMBA
 
PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
PARQUE EMPRESARIAL DE O CAMPIÑO
 
PONTEVEDRA
PORRIÑO (O)
ÁREA DE NEGOCIOS OCEANIS
 
PONTEVEDRA
SILLEDA
PARQUE EMPRESARIAL DE SILLEDA
 
PONTEVEDRA
TUI
PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS
 
PONTEVEDRA
VILA DE CRUCES
POLÍGONO INDUSTRIAL O CAMBALLÓN
 
PONTEVEDRA
VILAGARCIA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL DE O POUSADOIRO
 
PONTEVEDRA
VILAGARCIA DE AROUSA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE BAMIO
 
PONTEVEDRA
VILANOVA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE VILANOVA DE AROUSA I (AREA LOXÍSTICA DE BAIÓN - RÍA DE AROUSA)