A Xunta comprométese a colaborar no financiamento do Plan xeral do concello de Redondela

Beatriz Mato Otero reuniuse esta mañá co alcalde Javier Bas Corugeira para coñecer os pasos dados polo concello pontevedrés nesta materia
 

  • whatsapp

Santiago, 3 de xaneiro de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, mantiveron hoxe unha reunión de traballo para analizar a situación urbanística do concello pontevedrés e, concretamente, os pasos dados co obxectivo de dotalo dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Neste sentido, Beatriz Mato Otero comprometeuse co rexedor a colaborar financeiramente na redacción do devandito plan. Tal e como se recolle nas ordes que regulan as axudas a entidades locais para formulación de plans urbanísticos, a achega económica da Xunta podería chegar ata o 80% do custo total do PXOM, ao tratarse Redondela dun concello de entre 20.000 e 50.000 habitantes.

Nestes momentos, o Concello de Redondela réxese por unhas normas subsidiarias aprobadas no ano 1987 polo que a intención do goberno local é dotar ao municipio o antes posible do seu primeiro plan xeral urbanístico, que sería un planeamento adaptado xa á Lei 2/2016 do Solo de Galicia.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/01/2018