A Xunta establece a partir de mañá a veda da nécora e do santiaguiño
Santiago, 5 de xaneiro de 2018
  • whatsapp

A partir de mañá, 6 de xaneiro, pecha a campaña de captura da nécora e do santiaguiño. O calendario aprobado pola Xunta no Plan Xeral de Explotación Marisqueira do 2018 establece que a actividade de extracción da nécora estará pechada ata o día 1 de xullo e a do santiaguiño ata o 1 de outubro, datas nas que empezará a súa campaña extractiva.


O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións destas especies na Comunidade Autónoma de Galicia.


Dende o 2 de xullo de 2017, día desde o que estivo autorizada a extracción da nécora, vendéronse nas lonxas galegas máis de 133 toneladas desta especie por un importe total de máis de 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e nesta etapa vendéronse en lonxa preto de 1.000 quilos desta especie por valor de máis de 66.400 euros.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 05/01/2018