Román Rodríguez asiste á oitava edición de EmporcARTE de Lalín, que reúne pezas de 41 artistas
Lalín (Pontevedra), 10 de febreiro de 2018
  • whatsapp

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na oitava edición de EmporcARTE, que este ano reúne pezas de 41 artistas, baseadas na figura do porco. Con motivo da inauguración da exposición, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia destacou o “triángulo” que conforma o Cocido, a Arte e o Entroido no concello de Lalín. “Un triángulo transcendente no eido cultural, pois a EmporcARTE e o Cocido das Artes favorecen a inspiración, o encontro e a comunicación entre artistas e entusiastas das artes das máis diferentes disciplinas”, afirmou. No acto tamén participou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/02/2018