A Xunta continúa entregando máis equipamento aos grupos de emerxencias e ás agrupacións de Protección Civil galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe de 10 pick-ups e 7 embarcacións que darán servizo a 24 concellos da nosa comunidade

A inversión neste material supera os 460.000 euros

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións, cunha inversión que xa supera os 9 millóns de euros

Pontedeume (A Coruña), 12 de febreiro de 2018
  • whatsapp

A Xunta continúa reforzando e dotando de máis equipamento ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias, coa entrega esta mañá por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de 10 todo terreos pick-ups e 7 embarcacións, seguindo así coa folla de ruta iniciada de colaboración entre Administracións para dar unha mellora resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Os 10 vehículos todo terreo pick-up entregados foron para os concellos de Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil, que co seu esforzo e dedicación contribúen decisivamente a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, dotándoos tamén de maior seguridade. Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo unha inversión que supera os 460.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Os voluntarios e voluntarias de Protección Civil desenvolven a diario un labor fundamental para a cidadanía galega. Por iso, a Xunta leva facendo un importante nos últimos anos para reforzar os seus medios e recursos, o que se ten traducido nun investimento duns 9 millóns de euros nos últimos tres anos. Este orzamento distribuíuse tendo en conta as necesidades transmitidas polas propias agrupacións, e graza a el, financiouse a adquisición de pick ups, furgonetas, remolques de emerxencias, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas, entre outros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/02/2018