A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e Lugo a partir de mañá

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018
  • whatsapp

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará mañá e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía do 15 de febreiro agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros no oeste e noroeste da provincia da Coruña. Ao longo da tarde, estenderase á provincia de Lugo e ao suroeste da Coruña

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/02/2018