Centros de estudo do galego do exterior póñenlle o ramo á conmemoración da estadía do Vindel en Galicia

Martín Códax Universal é o nome da peza audiovisual na que alumnado do Instituto Español Vicente Cañada Blanch e da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos recitan as cantigas na lingua na que foron escritas e na súa propia

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2018
  • whatsapp

Os centros de estudo do galego do exterior da nosa comunidade, coordinados desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia coa peza audiovisual Martín Códax Universal, que promoven as secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística. Nela, alumnado de ensino primario e secundario do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres e mais da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos (CEG) da Xunta recitan as cantigas de Martín Códax na lingua na que foron escritas e mais na súa propia, en homenaxe ao trobador galego máis universal e ao idioma no que escribiu estes versos.

A peza, na que participan ademais do Cañada Blanch londinense os CEG de Budapest (Hungría), Deusto e Vitoria (País Vasco), Kiel (Alemaña), Cork (Irlanda), Barcelona e Río de Xaneiro (Brasil) está accesible no enlace web http://www.lingua.gal/recursos/outros/_/promovelo/contido_363/, no Portal da Lingua Galega e no web cultura.gal.
 

Data de actualización: 04/03/2018