A Xunta indica a importancia de fomentar e impulsar a visibilidade das mulleres rurais para o acceso ao mercado laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na clausura da Xornada organizada por Mulleres de seu da Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) con motivo do Día Internacional da Muller

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018
  • whatsapp

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que para mellorar a situación das mulleres rurais é fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Susana López Abella participou na clausura da Xornada organizada por Mulles de SEU da Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) “Un paso adiante”,con motivo do Día Internacional da Muller, cuxa finalidade é promover e impulsar a participación nos postos de decisión das mulleres socias das cooperativas Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco.


As mulleres no medio rural xogan un papel fundamental, pois levan a cabo funcións produtivas, sociais, culturais e medioambientais. Son un dos alicerces esenciais no desenvolvemento sostible do medio rural e de contribución a súa valorización. Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma. Reducindo a fenda de xénero existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural, rematou López Abella.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/03/2018