O 112 xestionou un total de 671 incidencias por mor do temporal costeiro e de vento que afectou á nosa Comunidade

Os concellos máis afectados foron os da franxa atlántica

Na provincia de A Coruña rexistráronse 283 incidencias e na provincia de Pontevedra, un total de 264 incidencias

En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos
 

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2018
  • whatsapp

O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia xestionou 671 incidencias dende o inicio do temporal ata este mediodía.

En total, foron xestionadas 671 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 283 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 264; Lugo con 73 incidencias e Ourense con 51 incidencias xestionada-.

En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/03/2018