'Este Vaise' promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco co apoio da Xunta
Castro Caldelas (Ourense), 13 de febreiro de 2018
  • whatsapp

O novo videoclip 'Este vaise', producido pola compañía galega de espectáculos Queiman e Pousa, promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a delegada territorial Marisol Díaz Mouteira participaron hoxe ao mediodía no Castelo de Castro Caldelas no acto de presentación da peza audiovisual que chega da man do grupo Mílson's, liderado polo Bruxo Queiman, e na que tamén participan a cantante Andrea Pousa e o ourensán Rubén Riós.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/03/2018