O 061-Galicia asistiu a 73 persoas por 53 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 13 de abril ata as 23:59 horas do domingo 15 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

Santiago de Compostela, luns 16 de abril de 2018
  • whatsapp

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 73 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 13 de abril ata as 23:59 horas do domingo, 15 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 73 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 % e do 42 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

17
Lugo
7
Ourense
6
Pontevedra
23
Galicia
53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 3 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 16/04/2018