A Xunta renova a colaboración coa asociación Esperanza Salnés que presta atención terapéutica a menores con discapacidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou esta mañá o convenio con esta entidade que presta asistencia a nenos e mozos de toda a comarca do Salnés

O obxectivo da Asociación é atender as necesidades e mellorar a calidade de vida, incidindo no eido asistencial e favorecendo a integración familiar, social e laboral
 

Pontevedra, 16 de abril de 2018
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, renovou esta mañá a colaboración do Goberno galego coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de Atención Terapéutica de Nenos con discapacidade física ou intelectual.

A Asociación Esperanza Salnés conta cunha unidade de atención no concello de Cambados que presta asistencia a menores de toda a comarca do Salnés, e ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida dos nenos e mozos de entre 2 e 18 anos que padezan algunha discapacidade física, intelectual, sensorial, parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, incidindo especialmente no eido asistencial e favorecendo a súa integración familiar, social e laboral.

O Goberno galego colabora novamente cun orzamento de 15.000 euros para levar a cabo programas de intervención terapéutica para acadar solucións efectivas tanto aos menores con estas necesidades como aos seus núcleos familiares e ao seu entorno social, redundando nunha mellor prestación de servizos a toda a cidadanía desta comarca.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/04/2018