Máis de 80 admitidos nas primeiras listas de selección temporal da categoría de especialista en enfermaría familiar e comunitaria

O Servizo Galego de Saúde publica hoxe do Diario Oficial de Galicia o anuncio coa orde de prelación e puntuación definitiva dos aspirantes admitidos

As listas entrarán en vigor mañá día 18 de abril
 

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018
  • whatsapp

O Servizo Galego de Saúde publica as primeiras listas de selección temporal da categoría de enfermaría especialista en enfermaría familiar e comunitaria nas que aparecen un total de 87 inscricións admitidas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á orde de prelación e á puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Esta publicación supón un paso máis no proceso de implantación gradual das diferentes especialidades de enfermería que se iniciou coa aprobación do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea a categoría de enfermaría especialista no Servizo Galego de Saúde. Esta medida foi seguida da convocatoria de 36 prazas de enfermeiro especialista no Decreto de OPE de persoal estatutario para o ano 2017 así como a regulación e próxima convocatoria dun concurso específico para o persoal fixo que estea en posesión do título de especialista en enfermería de saúde mental e do traballo.

As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As listas entrarán en vigor con efectos do día 18 de abril de 2018.

Está previsto que proximamente se publiquen as listas definitivas de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais da categoría de especialista en enfermería pediátrica. As restantes especialidades iranse incorporando ao proceso de selección temporal do vixente Pacto en función da formación de residentes EIR e da finalización dos procedementos excepcionais e transitorios de acceso ás especialidades, competencia do Estado.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 17/04/2018