A Consellería do Mar acomete a reparación integral dos pantaláns do sector profesional de Muros

Portos de Galicia inviste 30.000 euros na reparación das estruturas flotantes e a pasarela de acceso

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a realizar obras de mellora do pavimento dos pantaláns do sector profesional do municipio coruñés de Muros. Esta actuación supón unha reparación integral destas estruturas flotantes e inclúe tamén a pasarela de acceso ás mesmas.

O organismo portuario que preside José Juan Durán está a levar a cabo esta mellora dos pantaláns de embarcacións menores número 3, 4 e 5, logo de que fora reparado xa o pantalán número 1, cuxa mellora está xa finaliza. No conxunto das instalacións substituíronse as madeiras do pavimento que presentaban deficiencias polo uso continuado dos mesmos.

As obras consisten na citada substitución das madeiras por pavimentos de material Ecodek, un material sintético que aporta maior resistencia e máis perdurabilidade en condicións ambientais agresivas, como é o ambiente mariño. Así mesmo, sanearanse todos os pilotes dos pantaláns renovados.

O prazo previsto para a finalización dos traballos é de dúas semanas polo que se espera que poidan estar rematadas para principios do vindeiro mes. O investimento realizado por Portos de Galicia nesta mellora integral é de 30.000 euros.

Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 17/04/2018