Ovidio Rodeiro e Jesús Oitaven entregaron os premios da V Carreira Camiño das Letras na Cidade da Cultura
  • whatsapp

Boqueixón (A Coruña), 17 de maio de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de darlle, está mañá, o pistoletazo de saída á V edición da Carreira Camiño das Letras coa que se conmemorou o Días das Letras Galegas a través do deporte e poñendo en valor o noso patrimonio do Camiño de Santiago. Posteriormente participou, acompañado polo secretario xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitaven, na entrega de premios que tivo lugar na Cidade da Cultura.

Promovida por Xurdir S.L. co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, partiu do Pico Sacro de Boqueixón, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A celebración contou tamén cun circuíto para as categorías de menores nos exteriores do Gaiás. Nas distintas probas deportivas participaron máis de 600 persoas entre adultos e nenos.

Este evento formou parte das numerosas actividades que o Goberno galego organizou, este ano, arredor do 17 de maio con María Victoria Moreno como referente.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/05/2018