López-Chaves visita as obras de cantería e agricultura ecolóxica realizadas polo alumnado do obradoiro Redondela Vila Bela
Redondela (Pontevedra), 8 de febreiro de 2018
  • whatsapp

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e o alcalde Javier Bas, achegouse hoxe ata Redondela para visitar as obras que está a realizar o alumnado do obradoiro de emprego Redondela Vila Bela

O Goberno galego destina a este taller, no que se forman 20 desempregados nas especialidades de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros, preto de 280.000 euros. Os participantes destes talleres reciben formación e un contrato de traballo durante 9 meses, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. Cómpre lembrar que está aberto, ata o próximo 25 de xuño, o prazo de solicitude da nova convocatoria de axudas para os obradoiros duais e para os dirixidos á mocidade.