A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo un encontro con eles onde sinalou a importancia da mobilidade xuvenil
A Xunta reúnese con voluntarios europeos que están a desenvolver proxectos de inclusión e discapacidade en Vigo

Os catro mozos e mozas, procedentes de Austria, Serbia, Romanía e Italia, están a colaborar coa Asociación Arela, Aspanex, Hogar e clínica San Rafael e co Centro xuvenil Abertal

A responsable autonómica mantivo este encontro na Residencia xuvenil Altamar, instalacións dependentes da Administración autonómica e que xunto aos centros LUG (Lugo) e Florentino López Cuevillas (Ourense) ofertan 220 prazas a estudantes de entre 16 e 30 anos

O prazo para presentar a solicitude de praza para estas residencias finaliza o 12 de xullo
 

Vigo, 13 de xuño de 2018
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, reuniuse hoxe en Vigo con catro mozos e mozas procedentes de Austria, Serbia, Romanía e Italia que traballan en proxectos de voluntariado sobre prevención da exclusión social e discapacidade na Asociación Arela, Aspanaex, no Hogar e clínica San Rafael e no Centro Xuvenil Abertal.

Estes voluntarios colaboran en dous dos 33 proxectos aprobados no 2017 en Galicia no marco do Servizo de Voluntario Europeo e o programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’, nos que participan 84 mozos e mozas e nos que se investiron 473.077 euros

Cecilia Vázquez interesouse polo seu labor, que executarán durante 10 e 11 meses, e sinalou a importancia que ten na creación da conciencia da cidadanía e identidade europea a mobilidade da mocidade para que coñezan outras realidades e culturas diferentes, “o que é non só unha gran experiencia persoal senón tamén toda unha aprendizaxe de vida e tamén profesional xa que os idiomas e a iniciativa persoal é cada vez máis valorada nos procesos de empregabilidade”, sostivo.

Os proxectos que estes catro voluntarios están a desenvolver son SVE colaboran contra a exclusión en Vigo, que conta cun orzamento de 23.277 euros e que ten como socios ao Centro xuvenil Abertal, Asociatia culturala Pentur teatru si origami din Romania (Romanía), Akzente Salzburg (Austria) e Kharkiv association for active youth Stella (Ucraína), e Dando alas a la discapacidad en Vigo, cun financiamento de 15.610 euros e no que son socios o Centro xuvenil Abertal, o Center E8 office in Vranje (Serbia) e Associazione InCo Interculturalite&Comunicazione (Italia).

Residencias xuvenís


A responsable autonómica mantivo este encontro na Residencia xuvenil Altamar, instalacións dependentes do seu departamento e que xunto os centros LUG (Lugo) e Florentino López Cuevillas (Ourense) ofertan 220 prazas a estudantes de entre entre 16 e 30 anos de idade en réxime de internado. A oferta inclúe aloxamento, mantenza e unha serie de servizos e actividades convencionais e educativas co fin de este fomentar os valores culturais, sociais e deportivos entre a xuventude. Ademais, resérvanse un 9% das prazas para traballadores e outro 9% das prazas para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen.

Cecilia Vázquez lembrou que o prazo para presentar a solicitude de praza para estas residencias finaliza o 12 de xullo.

Os/as interesados/as poderán atopar toda a información na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/06/2018